O teu catering todoterreo en Galicia. Facemos de todo, onde e cando nos necesites, coa máxima calidade e profesionalidade.
En Tuchos Catering non nos poñemos límites. Como nos gusta dicir: "facemos o que nos mandan".
Adaptámonos a calquera situación. Xa sexa un evento elegante ou unha festa máis informal, o noso compromiso é sempre o mesmo: dar un servizo impecable. Somos unha pandilla con moi bo rollo e ambiente; todo xente seria e traballadora que se deixa a pel en cada servizo.
Facemos de todo e servimos onde faga falta. A nosa versatilidade é a nosa maior forza.
Servizo completo para o día máis importante. Elegancia, puntualidade e un trato exquisito aos vosos convidados.
Celebracións familiares coa máxima dedicación. Menús adaptados a todas as idades e un servizo impecable.
A nosa tradición. Preparamos e servimos auténticas pulpadas co mellor produto e ambiente festivo.
Imos servir en bares tanto en formato de barra como dando menús completos para clientes.
Eventos nocturnos ou de tardeo. Servimos copas con profesionalidade para que a festa non pare.
Catering xeral para calquera tipo de evento. Ti disnos que necesitas e nós encargámonos de todo.
A nosa seriedade e bo facer levounos a colaborar coa alta cociña. Estamos afeitos a traballar cos estándares de calidade máis altos do sector gastronómico.
O segredo do noso éxito non é só a comida, é a nosa xente. Somos un equipo numeroso, perfectamente coordinado e preparado.
Pide o teu presuposto sen compromiso ou fala directamente cos nosos xerentes.